Realizamos as dúas visitas en dous grupos mixtos, con alumnado dos dous coles. Un dos grupos tivo a posibilidade de ver o funcionamento do botafumeiro en primeira liña. O paseo polos tellados, magnífico.
E que dicir das instalacións do Hostal dos Reis Católicos... Temos que agradecer enormemente a amabilidade do persoal que, a pesar da abondosa clientela á que tiñan que atender, adicaron unha hora para cada grupo explicando distintos aspectos de interese para todos nós: un pouquiño de historia, detalles das profesións que se exercen nun hotel desta categoría... Visitamos restaurantes, patios, a habitación do cardeal...
Un especial agradecemento para as seguintes persoas: ANTONIO LOIS MOURE (adxunto de dirección, o noso guía), TERESA BLANCO (responsable de pisos), DAVID MOURELOS (camareiro), JOSÉ GÓMEZ (xefe de cociña) e ANTONIO FRAGA (xefe de administración).
1 comentario:
Que día máis agradable pasamos tanto os profes coma os nenos e nenas, a pesar da choiva. Foi unha experiencia estupenda.
Publicar un comentario