Todo partiu da colaboración dos pais de Roberto (4º) coa finalidade de ampliar coñecementos sobre os oficios e as profesións; eles coordinaron esta saída que non sería posible sen a colaboración dos seus cuñados, José Manuel e Flora. Entre todos fixeron da mañá de hoxe un tempo inesquececible.
José Manuel e Flora mostráronnos as instalacións e foron explicando as distintas facetas do seu traballo diario.
Todo está automatizado. Os robots están presentes en distintos traballos: limpar os establos, ordeñar, cepillar as vacas, etc.
Hai animais de distintas idades; os máis pequenos con tan só dúas semanas de vida resultaron ser uns bonecos nas mans do noso alumnado, desexosos todos de tocarlles. Pero tamén houbo lambetadas de parte das vacas leiteiras.
E falando do leite... Que marabilla ver o proceso de muxir, todo informatizado ata o punto de que cada vaca vai á sala de muxido cando quere; a máquina rexistra os datos (nº de identidade, litros de leite, etc.)
Vimos tamén todo tipo de forraxes para a súa alimentación: silo de millo, de restos da elaboración da cervexa, unha finca experimental con VEZA, unha leguminosa semellante ás lentellas...
Os nosos anfitrións prepararon unha magnífica merenda para todos e todas, con leite de verdade e galletas.
Non vou contar eu todo; que sexan eles e elas os que vos conten os pormenores.
E despídome por hoxe cun enorme agradecemento a Mª José e Luis, os pais de Roberto, e a Flora e José Manuel, seus tíos, por brindarnos esta magnífica xornada.
9 comentarios:
OLA. O vídeo debe ter algún erro porque non o deixa ver. Pon que é un vídeo privado.
Un saúdo.
Patricia, proba outra vez e dime se xa o podes ver. Parece que youtube da algunha coincidencia coa música e tíñao bloqueado.
alegrome moito que lles gustase. Rober tamen veu encantado. Para el foi unha experiencia como sin non houbese ido nunca.
Agora si...graciñas. MOi bonito todo..recórdame á miña infancia na casa dos meus avós. Claro que sin tanta tecnoloxía.
Todo un acontecemento. A verdade é que tivestes moi boa idea de dar a coñecer a os nenos esta granxa. Por suposto, agradacer a colaboración desta familia.
Eu estou flipando con eso de que as vacas van a sala de muxido cando elas queren. Se non o vexo non o creo! Ten que ter trampa.
Grazas a todas polos comentarios. Sempre da gusto saber que hai alguén ao outro lado.
Ana, que che conte Mario se é verdade ou non o das vacas, que el tamén alucinou en pleno proceso de muxir.
Gozamos como ananos. A verdade é que aprendemos un montón de cousas que "as maiores" non sabiamos. Unha vez máis o noso agradecemento á familia de Roberto pola súa colaboración.
O alumnado de 3º e titora tamén queren agradecer á familia de Roberto esta invitación e explicación.
Publicar un comentario