Como xa sabedes, estes días o alumnado de 4º participou na gravación de distintas tomas para un corto de cine elaborado por estudantes de Fotoxornalismo. Roberto é o neno protagonista polas súas características físicas (tiña que parecerse a un actor adulto que encarnará o mesmo papel, pasados uns aniños). O casting previo foi moi satisfactorio así como a participación de todo o grupo como "extras".
Aproveitamos para aprender un pouco dos estudos que están a realizar e as múltiples tarefas precisas para gravar só uns minutos do corto, moitas persoas, cada unha coa súa especialización...
Sorprendeunos contar coa presenza do famoso actor galego Manuel Manquiña, no papel de "mestre".
2 comentarios:
hola carmela: o video non se ve sae como privado. gracias
Non se pode traballar tan rápido porque veñen estes despistes. Pero aí estades vós para botar unha man. Xa está solucionado o problema.Grazas pola colaboración.
Publicar un comentario