Seis equipos de reporteiros, coas súas cámaras, fixeron entrevistas a distintas persoas que venden os seus produtos no mercado. Non foi tarefa fácil; non todos aceptan ser gravados e as preguntas tampouco querían saír aínda que as tiñamos preparado na clase. As persoas foron moia amables e os resultados poderedes velos nun programa especial que estamos a preparar e que publicaremos no blogue leriasdevite.
Despois a visita guiada por Leandro, mediante a cal poidemos aprender un pouco máis do funcionamento da praza en xeral e de distintos postos e produtos.
E chegou o momento de mercar todo o necesario para preparar a nosa merenda saudable: pan, tomates ben maduriños, xamón e ata uns allos.
A merenda saíu fenomenal e, ata os que dicían non gustar do tomate, acabaron pedindo outra ración. Sempre hai excepcións, claro!
6 comentarios:
Froito desta grata experiencia o meu fillo, Andrés Martínez, fíxo unha merenda de pan con tomate para o seu irmá e para min deliciosa. Por certo, creo que as profesoras o pasaron tan ben coma os alumnos a tenor da fotos...
É un pracer comprobar que traballo xa tivo uns resultados positivos de inmediato. Xa houbo máis persoas que pensaban merendar o mesmo, non sei se o fixeron.
E claro que o pasamos ben pero estes rapaces e rapazas acabaron coas nosas enerxías!
Pois apúntome eu tamén a este prato tan rico e natural.
Inma
Se non sabes preparalo, ven por Vite que aquí tés aos cociñeiros sempre dispostos a entrar na cociña!
Mira que é necesario que as novas xeracións coñezan este tipo de mercados. Algúns de Vite admitiran non ter ido nunca ao Mercado de Abastos. Para min é moi, moi grave.
Best regards!
Estou contigo, é fundamental que as novas xeracións (e non tan novas) coñezan as diferenzas entre os produtos do mercado e as grandes superficies.Para valorar os produtos naturais, frescos, o trato directo... e o que todo supón para a nosa alimentación.
Publicar un comentario