12 jun 2013

COMPARTIMOS A CLASE DE ED. FÍSICA CON ED. INFANTIL 5 ANOS

Está rematando o curso e o alumnado de 5 anos está a piques de rematar a súa etapa en Ed. Infantil para empezar o vindeiro curso a Ed. Primaria. Hoxe fixemos unha actividade conxunta durante a clase de Ed. Física e resultou moi satisfactoria; o alumnado de 3º fixo o papel de monitorado para que os máis pequenos poidan aprender as normas a ter en conta durante unha clase de Ed. Física, tamén lles axudaron cando foi preciso durante a realización das actividades e todo desenvolveuse á perfección.
Parabéns para grandes e pequenos pola magnífica cooperación! Seguro que repetiremos a experiencia.


1 comentario:

Javi dijo...

Noraboa. Penso que este tipo de actividades son moi boas para todos: para os pequenos para que vexan como é ser maiores, e para os maiores para ver como eran fai non tanto. E para @s profes tamén.