22 abr 2013

VISITA DA ESCRITORA FINA CASALDERREY

Hoxe tivemos a honra de contar coa presenza na nosa biblioteca de Fina Casalderrey. Entre outras moitísimas e importantísimas obras de literatura infantil e xuvenil está o "O misterio do faro vello", libro que estivemos a ler e que nos asinou a cada un de nós.
Contounos anécdotas da súa vida e dalgunhas das súas obras,  que pequenos detalles a inspiraron para empezar a escribilas (episodios un pouco tristes, cousas da súa vida cotiá, ...)
Animounos moito a ler libros de moitos autores distintos para aprender un chisco de cada un deles, ver formas distintas  e "literarias" de expresar as nosas ideas, aprender vocabulario, etcétera.


2 comentarios:

Papás de Ana e Marcos dijo...

Ana levaba días emocinadísima con esta visita! A primeira académica da lingua que coñece!

CARMELA RODRÍGUEZ dijo...

Pois falou con ela animadamente como podedes apreciar e, como é habitual nela, tamén.