27 feb 2013

SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL - GALICIA: CONTOS DO MUNDO

Hoxe tivemos a oportunidade de disfrutar dunha interesante actividade de dinamización lectora, coa presenza dunha representante da ONG Solidariedade Internacional  - Galicia. O alumnado estivo moi atento en todo momento, seguindo as evolucións do conto "Irene no Oriente próximo": a través das súas aventuras, e das historias recompiladas durante os seus días por Líbano, Xordania e Palestina, Irene, filla de cooperantes, achegará unha boa parte da cultura e tradicións aprendidas durante a súa viaxe a nenos e nenas..
Ao final houbo agasallos para todos eles e elas un exemplar do libro e un chisco da prezada area do deserto.
Déixovos unha mostra das fotos da sesión.

2 comentarios:

Ceip de Vite dijo...

Xenial e moi entretido o contacontos, abofé! E moi curioso o tacto da area de deserto.
E o regalo dos libros é algo que, nestes tempos, é digno de admiración!

CARMELA RODRÍGUEZ dijo...

Pois si que foi moi entretido e participativo. O dos agasallos sempre é moi ben recibido, eu tampouco tiña tocado nunca a area do deserto.