Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
25 ene 2013
FIXEMOS O CARTEL DE KUNG FU PANDA
PREME NA FOTO PARA VER A PRESENTACIÓN en imaxes do traballo que fixemos hoxe (non teño as probas gráficas, pero foi en colaboración co alumnado e profesorado de 4º) para preparar o cartel para a IV SEMANA DO CINE, que xa anunciei en días anteriores.
Os artistazas de 3º e 4º lucíronse... ou que pensades?
Nada máis colocar o cartel, numeroso público miúdo agolpábase "pedínsose" a este ou a aquel personaxe para si mesmos.
Xa lles gustaría aos propietarios dalgúns cines ter tanto público diante das súas carteleiras!
24 ene 2013
TRAILERS DE CINE DE 3º CON IMOVIE
Primeiro reflexionamos, houbo non unha chuvia de ideas senón unha auténtica tormenta, saíu de todo para poder plasmar nos nosos trailers. Tamén se producíu un debate de enorme interese, difífil de moderar en persoas tan faladoras, sempre con tanto que opinar.
O que quedou claro foi que a temática tiña que abordar algún problema para educar en valores, co que co abano era amplo aínda que, para eles/as o aspecto monetario resultou ser bastante "preocupante".
Unha vez configurados os tres equipos, pasamos á acción. Cada equipo de alumnos/as dispoñía dun ipad pero había un problema: tres equipos e dúas profes. Con organización, paciencia e "espabilación" do propio alumnado, fixemos este traballo que queremos que faga reflexionar sobre problemáticas presentes na sociedade de hoxe en día.

23 ene 2013
KUNG FU PANDA NA IV SEMANA DO CINE
Haberá que poñer moita atención para despois poder sacar conclusións e facer actividades a partir da mesma.
22 ene 2013
O Colexio Das Sombras
Coma comentaba a profe Carmela máis atrás, os compañeiros de Atención Educativa de 4º curso (Ana, Diana, Juan, Khadija e Yasmina) perpretaron o que será o filme de terror máis arrepiante da década. O teacher Pablo, colaborador circunstancial, aínda ten pesadelos só de ver este aterrecedor e horríbel avance...
O avance está feito co IMovie, unha curiosa aplicación do IPad que esixe pouco a nivel técnico (gravar unhas imaxes de xeito secuenciado, e a aplicación fai o resto) pero moito a nivel organizativo (traballo en equipo, saber escoitar, poñerse dacordo coa temática e estilo, que gravar e que non, unha vez gravado saber se se lle pode dar o visto bo... etcétera).
Todos colaboramos na realización dos textos e na maioría dos planos de imaxe (con algo de axuda do teacher, pero todos gravaron varios planos).
Sendo a primeira incursión que facemos no mundo audiovisual agardamos que vos guste para poder seguir traballando outros aspectos dunha educación holística coma este.

PS: Non, ao final Ana non desaparece como ela quería... quizais quede para a tan desexada segunda parte!
21 ene 2013
SANDRA E LUCÍA INVESTIGAN: ESQUÍO E ALASKA MALAMUTE
O alumnado de 3º está inmerso nun novo proxecto; no seu inicio trátase de elaborar unha presentación dixital con información sobre un animal do seu interese para poder, despois transmitirlle esa información aos seus compañeiros/as.
As primeiras en rematar foron Sandra e Lucía que utilizaron á aplicación Keynote de Apple; o resultado, transformado en película podédelo ver a continuación:
Parabéns para as dúas polo seu traballo!
As primeiras en rematar foron Sandra e Lucía que utilizaron á aplicación Keynote de Apple; o resultado, transformado en película podédelo ver a continuación:
Parabéns para as dúas polo seu traballo!
DANZAS DO MUNDO EN EDUCACIÓN FÍSICA (3º E 4º)
Hoxe gravamos algo, sen moitas pretensións de calidade, para que vexades que ben o pasamos ademais de aprender.
FACENDO CINE COS iPAD
O alumnado de atención educativa de 4º andaba hoxe co profe Pablo polos corredores do cole gravando co ipad: están facendo un trailer de cine (un avance en vídeo, presenta unha sinopsis ou resumo do que sería a película completa).
Os de 3º tamén fixeron outros antes de Nadal.
Poderedes velos todos neste blog dentro de moi pouco tempo e tamén se proxectarán na SEMANA IV DO CINE, que terá lugar dentro de moi poucas datas...
A esperar con paciencia!

20 ene 2013
DIVISIÓN POR UNHA CIFRA
Para que practiquéis un pouquiño, que parece que no ordenador mola máis!
Preme na imaxe, pon as túas propias divisións e comproba o seu resultado correcto.
Preme na imaxe, pon as túas propias divisións e comproba o seu resultado correcto.
CURIOSIDADES SOBRE ANIMAIS
Atopamos este magnífico xogo na zona de alumnado da Junta de Castilla y León. Preme na imaxe e toda a familia pode poñer a proba os coñecementos sobre animais.
16 ene 2013
UN TRABALLO EN PARELLAS/TRÍOS
Con moito retraso porque algúns non deron entregado as súas plantillas, pero aquí deixamos un traballo conxunto realizado con moito esforzo e colaboración entre os compañeiros/as da clase de 3º.
Grazas tamén ás familias que colaboraron na busca de información.
Grazas tamén ás familias que colaboraron na busca de información.
PATINAXE SOBRE XEO
María Lago Vence (3º EP): hoxe fixemos unha excursión á pista de patinaxe sobre xeo, e pasámolo moi ben. Ao principio non daba patinado pero pasou o tempo e conseguino.
15 ene 2013
VISITA DA AUTORA E ILUSTRADORA DE "POEMAS DO RÍO"
O alumnado de 4º fixo unha representación desta obra e os de 3º fixeron unha lectura. Tamén houbo sinatura de autógrafos para todas/os nós.
11 ene 2013
Vémonos, Mariana!
A nosa compañeira Mariana cambia de cole. Ímola botar de menos, porque era moi boa amiga.
Mariana é moi simpática, boa, intelixente e linda.
Cada vez que alguén se sentía mal Mariana animábao e facíalle rir.
Un bico moi grande desde Vite!
ATÉ SEMPRE!
WE LOVE YOU!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)