O venres, 19 de outubro, algún alumno/a de 3º aportou novos produtos do outono: Sandra trouxo unha cesta con cogumelos, Marcos unha
macrolepiota que case non cabía na caixa, Paula unha fermosa cabaza e Noa unha ficha informativa con fotografía incluída dunha seta moi tóxica que viron no xardín da súa casa ( a famosísima
AMANITA).
Con todo isto seguimos adiante cos primeiros pasos do noso proxecto de investigación sobre os produtos do outono.
Tamén tivemos visita do alumnado de Ed. Infantil de 5 anos que traían unha lepiota moito máis grande que as que tiñamos visto ata o momento.
 |
SANDRA COA SÚA CESTA |
 |
SANDRA MOSTRANDO OS COGUMELOS AO ALUMNADO DE ED. INFANTIL - 5 ANOS |
 |
MARCOS E SANDRA MOSTRANDO OS COGUMELOS AO ALUMNADO DE ED. INFANTIL - 5 ANOS |
|
A MACROLEPIOTA DE DE ED. INFANTIL - 5 ANOS
|
A MACROLEPIOTA DE MARCOS
 |
PAULA, SEMPRE TAN FOTOXÉNICA, COA SÚA CABAZA |
 |
OS COGUMELOS DE SANDRA |
No hay comentarios:
Publicar un comentario