Noraboa!
Este é o blogue de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Vite, en Santiago de Compostela
28 may 2014
UNHA NOVA XENERACIÓN DE ARTISTAS
Algúns/ algunhas nenos e nenas de 4º decidiron aplicar os coñecementos aprendidos sobre ecosistemas para elaborar o guión dunha película que estamos a gravar nos recreos. O traballo, desde a idea orixinal ata o guión, atrezzo... Todo é obra exclusiva deles e, sobre todo, delas.
Noraboa!
Noraboa!
27 may 2014
AULA DE CICLISMO 4º
Os de cuarto tiveron que poñerse a cuberto da chuvia así que o pavillón converteuse nun circuito estupendo.
AULA DE CICLISMO
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º tivemos no noso colexio a "Aula ciclista" (Programa de formación en ciclismo e alimentación responsable): Primeiro foi unha sesión teórica todos xuntos e, despois, unha sesión práctica coa realización dunha gymkhana no patio cada curso por separado. Aquí estamos o alumnado de 3º cos ciclistas Gustavo e Aída.
ANACOS DUNHA REGUEIFA
O dicionario da Real Academia Galega define a regueifa do seguinte xeito: "Disputa dialéctica improvisada e en verso, especialmente entre os asistentes a unha voda".
No noso caso a disputa entre os noivos e a futura sogra desenvólvese antes de casar. Paula, Sergio e María desempeñan magnificamente os seus papeis aínda que aquí o público non deixara escoitar moito; é por iso que seleccionei algúns fragmentos para que os poidades ver.

23 may 2014
21 may 2014
OS ECOSISTEMAS - PROXECTO DE INVESTIGACIÓN EN 4º
Déixovos esta presentación para que vexades a organización e colaboración do alumnado de 4º, no tempo adicado á elaboración da presentación dixital coas informacións que foron aportando. Ao mesmo tempo están elaborando un mural sobre o coidado do medio natural.
TRABALLANDO OS ECOSISTEMAS on PhotoPeach
TRABALLANDO OS ECOSISTEMAS on PhotoPeach
A RECICLAXE - CONCIENCIACIÓN
O venres o CEIP de Vite foi o escenario para a posta en escea dunha xornada de RECICLAXE medioambiental, coa presenza dos conselleiros de Educación e Medio Ambiente, o alcalde e a concelleira de Educación, entre outros. Estas son algunhas das imaxes do día.
XORNADA MEDIOAMBIENTAL EN VITE on PhotoPeach
XORNADA MEDIOAMBIENTAL EN VITE on PhotoPeach
VISITA DE CONCHA BLANCO
Hoxe os nenos e nenas de 3º e 4º tiveron unha visita moi especial: a escritora Concha Blanco. Contoulles cousas moi interesantes sobre a literatura e sobre ela: os motivos que a levaron a facerse escritora, os libros que publicou, a súa paixón pola nosa lingua...
Fixéronlle moitas preguntas e estiveron atentísimos, tanto que ata a propia escritora os felicitou.
Para rematar a autora asinoulles os seus exemplares de Tita, o seu libro nº 28, que todos tiñan lido na clase.
Estaban emocionados coas súas dedicatorias!

AS FOTOS QUE NOS MANDARON DESDE PORTOSÍN
Se premes na imaxe poderás ver e descargar as FOTOS ENVIADAS POLO CEIP DE PORTOSÍN, un recordo do magnífico día que pasamos durante a súa visita a Santiago de Compostela.
20 may 2014
CONVIVENCIA VITE - PORTOSÍN
Por fin chegou o día tan desexado para coñecer aos nosos amigos do CEIP Portosín. E non defraudou nada do que nos deparou a xornada: a magnífica e improvisada coreografía de benvida, os xogos realizados no cole antes e despois das visitas aos tellados da catedral e ao Hostal dos Reis Católicos, o xantar todos xuntos...
Realizamos as dúas visitas en dous grupos mixtos, con alumnado dos dous coles. Un dos grupos tivo a posibilidade de ver o funcionamento do botafumeiro en primeira liña. O paseo polos tellados, magnífico.
E que dicir das instalacións do Hostal dos Reis Católicos... Temos que agradecer enormemente a amabilidade do persoal que, a pesar da abondosa clientela á que tiñan que atender, adicaron unha hora para cada grupo explicando distintos aspectos de interese para todos nós: un pouquiño de historia, detalles das profesións que se exercen nun hotel desta categoría... Visitamos restaurantes, patios, a habitación do cardeal...
Un especial agradecemento para as seguintes persoas: ANTONIO LOIS MOURE (adxunto de dirección, o noso guía), TERESA BLANCO (responsable de pisos), DAVID MOURELOS (camareiro), JOSÉ GÓMEZ (xefe de cociña) e ANTONIO FRAGA (xefe de administración).

19 may 2014
RECOLLIDA DE PREMIOS NA BIBLIOTECA "ÁNXEL CASAL"
O venres 16 de maio recibiron o 2º e 3º premios do IV Concurso de carteis do día das Letras Galegas o cartel colectivo de Primeiro (que foi recoller a titora) e o debuxo de Laura de Terceiro. Parabéns!!!
18 may 2014
UN RECREO FORA DO COLE
E despois dunha clase de coñecemento tan longa os nosos nenos e nenas gañaron un recreo diferente, compartindo xogos no parque do Auditorio. Botamos moito de menos a Noa, que estaba enferma, pero xa lle tocará outro día.
ESTUDAMOS UN HORTO ECOLÓXICO
Estas son algúns dos coñecementos que intentamos adquirir a través do noso proxecto titulado "O HORTO COMO ECOSISTEMA", a clase resultou moi motivadora e produtiva para todos e todas.
VISITA A UN HORTO ECOLÓXICO-FOTOS
O pasado luns tivemos unha clase de Coñecemento moi especial. Fixemos unha visita a un horto ecolóxicoque forma parte dun proxecto da USC: recollemos datos e rexistrámolos nos correspondentes cadernos de campo, fixemos fotos e tamén aclaramos moitos detalles descoñecidos polo alumnado.
As fotos feitas entre todos (alumnado e mestras) podedes velas a continuación.
As fotos feitas entre todos (alumnado e mestras) podedes velas a continuación.
15 may 2014
IV CONCURSO DE CARTEIS DÍA DAS LETRAS GALEGAS DA BIBLIOTECA "ÀNXEL CASAL"
O alumnado de 1º e 3º participaron neste concurso. Recibirá o 2º premio o cartel colectivo que presentou 1º de Primaria e o 3º premio foi para a nosa compañeira Laura de 3º de Primaria!
Mañán, venres, ás 18:00 horas agasallarase cun diploma aos participantes que poden recoller coas súas familias no vestíbulo da biblioteca e cun lote de libros e diploma de honor aos gañadores e ver a exposición de todos os debuxos. (Na páxina web da bilioteca "Ánxel Casal" aparecen os gañadores).
O alumnado de 3º facendo o debuxo
14 may 2014
VITE INFORMA 3º: HISTORIAS DA CATEDRAL
Aquí vos deixo unha nova entrega do Informativo do noso colexio, realizado polo alumnado de 3º de Educación Primaria. Trata de temas mo interesantes sobre a catedral de Santiago, os seus tellados, o último campaneiro, o botafumeiro... E incluso unha suposta historia de amores entre un sacerdote e unha monxa.
XADREZ
O alumnado de 3º aprendemos e ensinamos a xogar ao xadrez. "O xogo do xadrez é a ximnasia da nosa mente".
12 may 2014
PRIMAVERA POÉTICA
O alumnado de 3º participamos nun obradoiro poético na Fundación Novacaixagalicia (Actividades organizadas para coñecer mellor a figura de Xosé María Díaz Castro, escritor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas). As explicacións de Vanessa foron moi interesantes e fixemos lectura de poemas, inventamos os nosos poemas, recitámolos cun micrófono...E aproveitamos para ver a exposición do pintor galego Carlos Maside (Vanessa ofreceuse a explicarnos a súa biografía e, despois, fumos vendo todos os cadros coa titora e a profe Manola). Cando saímos vimos a casa onde viviu e morreu este gran pintor (Rúa do Vilar, 42) A exposición podemos volver a vela coas nosas familias!
9 may 2014
OBRADOIRO PLÁSTICO
Hoxe o alumnado de 3º estivemos vendo a exposición " 8º Premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2013" que nos ía explicando Elena. Ao final, formamos tres grupos e traballamos sobre tres obras de arte que viramos. Agora podemos volver coas nosas familias e facer nós de guías!!!
6 may 2014
CORRELINGUA 2014
Estas son algunhas fotos da xornada de posta en valor da lingua galega, o CORRELINGUA 2014, coa participación do alumnado de 4º, 5º e 6º.
5 may 2014
NON ABRAS ESTE LIBRO - DINAMIZACIÓN LUISA
A profe Luisa Fixo hoxe unha presentación moi especial deste libro, de título tan curioso, para o alumnado de 2º e 3º ciclo.
Mirade a interpretación que fixo para meter aos rapaces e rapazas na dinámica do mesmo.
Parabéns polo traballo e por facernos rir tanto!
Mirade a interpretación que fixo para meter aos rapaces e rapazas na dinámica do mesmo.
Parabéns polo traballo e por facernos rir tanto!
FIN DA SEMANA DA LECTURA CON 3º
2 may 2014
SEMANA DA LECTURA
Hoxe estivo co alumnado de 3º e 4º a nai de Tamara, que é a cónsul de Cuba en Galicia. Recitaron dous poemas: "Cultivo una rosa blanca" (a nai de Tamara) e "28 de enero" (Tamara, que o aprendeu de memoria e eran moitos versos!) do poeta cubano José Martí. Despois, Laura (a nai) leu dous contos cubanos: "A caixiña misteriosa" (de Emilia Gallego) e "Un bo amigo" ("Na miña escola hai moitos lugares interesantes, pero un dos que máis nos gustan é a biblioteca..." "Agardannos uns bos amigos:os libros") porque llo pedimos nós!. Ao final, falamos do que nos ensinaban estes contos. Graciñas!!!

1 may 2014
LUCAS QUERE SER PALLASO. O CONTO
Este conto foi realizado a partir da película "LUCAS QUERE SER PALLASO". De momento está na nosa clase pero despois pasará á biblioteca para que o poidan ler os usuarios/as da mesma.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)