24 feb 2014

ACTIVIDADES PREVIAS Á CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

Estes días temos moita actividade extra preparando o Entroido: fixemos o cartel anunciador, maratón de preguntas, etc.
Déixovos unha pequeniña mostra das imaxes.


24 febreiro: DÍA DE ROSALÍA

Os alumnos e alumnas de 3º celebramos o 177 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, lendo algúns dos seus poemas e unha pequena biografía.

17 feb 2014

XIMNASIA DE MANTEMENTO CON PERSOAS MAIORES


Hoxe tivemos unha clase de Ed. Física especial. Viñeron as señoras de AGADEA para facer, coa súa a monitora, a ximnasia que realizan habitualmente. Son exercicios onde traballan as articulacións máis importantes, con movementos suaves que lles permitan mellorar a mobilidade que se vai perdendo co paso dos anos e as enfermidades.

10 feb 2014

PARABÉNS CON RETRASO PARA SANDRA

O seu aniversario foi o 1 de xaneiro e, claro, como estábamos de vacacións non celebramos nada. Hoxe lembrámonos e houbo cánticos e estiróns de orellas.

TEATRO PRINCIPAL

     


        Hoxe o alumnado de 1º, 2º e 3º e as súas mestras Pilar, Chus, Mercedes e Rita fixemos unha saída ao Teatro Principal para asistir ao concerto do grupo de percusión ODAIKO xunto coa BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO. Gustounos moitísimo! e acabamos todo o público berrando: Queremos máis, queremos máis...


7 feb 2014

SEGUNDA ENTREGA DO VITEINFORMA DE 4º

O prometido, aquí está o VITEINFORMA que estabamos a preparar. Xa podedes dar os parabéns aos vosos fillos e fillas polo seu traballo e entusiasmo para expresarse en galego diante dun público moi esixente. Sen complexos e que sigan progresando.


5 feb 2014

AS PROFESIÓNS QUE REALIZAN OS NOSOS FAMILIARES

Déixovos este avance do marabilloso traballo realizado polo alumnado de 4º. A exposición final resultou interesantísima aínda que a algún tremábanlle as pernas.
Dentro duns días teredes a presentación das distintas exposicións con audio.

SEMANA DO CINE 2014

A paz é unha cuestión diaria; por iso nós procuramos inculcar no alumnado unhas pautas de comportamento e actitude ante as persoas, a sociedade e o entorno en xeral.
Nestes días traballamos un pouco máis a fondo con distintas actividades, entre as que destaca a celebración da V SEMANA DO CINE. Elaboramos o cartel traballando en equipo e hoxe tivemos a sesión de cine, con flocos de millo incluídos.
A película elixida, bastante coñecida entre eles e elas, foi "BOB ESPONJA, A PELÍCULA". O debate que realizamos ao remate demostrou que estiveron moi atentos e que poden ser espectadores/as moi críticos. Quedamos realmente satisfeitas coa maneira de defender os distintos puntos de vista. Parabéns rapaces e rapazas!
A ver se no traballo escrito que faremos mañá destacan tanto.