Para celebralo propóñovos que me mandedes unha foto na que saiades co voso libro favorito escrito por unha autora. Pode ser tamén un vídeo. Ou se vos da moita vergoña, podedes mandar foto só do libro. Despois veremos todas as fotos na clase, poderedes compartilo coas vosas compañeiras e compañeiros e explicar todo o que queirades sobre o voso libro! Se a alguén tamén lle da moita vergoña falar, pode traelo escrito.
Ao final de todo faremos un collage con todo o material e poderemos compartilo entre nós para ter máis ideas de libros para ler! As profes tamén se poden animar! Eu levarei o meu ao cole para que o vexades 😀 Agardo os vosos libros en: mariabelensanchezveiga@edu.xunta.gal